GALICIA · OUTONO 2026

A ilusión
ponse en
camiño.

Circo, maxia e música
para gozar en familia.

Do 12 de novembro ao 6 de decembro de 2026

Ilustración do cartel con acróbatas, carpas, un pallaso, música e maxia.
O TEU ABONO 10 € por persoa
e localidade
Verín Lalín A Estrada Santiago de Compostela

CATRO LOCALIDADES. UNHA MESMA ILUSIÓN.

A próxima parada
escóllela ti.

Escolle onde vivir Circo no Camiño.
Un abono de 10 € por persoa e localidade.

PARADA 04

Santiago de Compostela

5 e 6 de decembro de 2026

10 € por persoa e localidade

Mercar entradas ↗

Todos os espectáculos forman parte da programación de cada localidade. Consulta as condicións de compra e acceso na plataforma de venda.
* Os menores de 24 meses non precisan entrada, sempre que non ocupen butaca.

Detalle do teito branco e vermello da carpa de circo. O Camiño tamén se vive así.

ENTRADE. HAI MOITO POR DESCUBRIR.

Unha carpa.
Moitas maneiras
de abraiarse.

Hai momentos nos que toda a familia mira cara ao mesmo lugar: unhas mans que fan maxia, unha acrobacia no aire, unha canción que pon os pés en movemento.

Circo no Camiño reúne circo, música e maxia baixo unha gran carpa, e leva a animación ás rúas de catro localidades vencelladas ao Camiño de Santiago.

Para todos os públicos · Asentos numerados.

♿ Accesibilidade: As persoas usuarias de cadeira de rodas poden ocupar calquera localidade da primeira ou segunda fila.

Descubrir os espectáculos

MIRADE BEN. ISTO VAI COMEZAR.

O que vos espera
baixo a carpa.

Maxia para quedar coa boca aberta.
Música para mover os pés.
Circo para mirar ben arriba.

Un intre de maxia no espectáculo Tolemaxias. Maxia e humor

Mago Teto

Tolemaxias

Aquí, o imposible só é o principio.

Grandes ilusións, mentalismo, maxia de preto e moito humor. O Mago Teto reúne algúns dos seus xogos máis celebrados e novos números nunha viaxe polas distintas especialidades da maxia. Entre situacións cómicas e surrealistas, o público tamén forma parte do xogo.

Quen participa?

O Mago Teto é un dos magos máis veteranos e relevantes a pesar da súa xuventude. Habitual na televisión desde os seus comezos, goza de gran popularidade e recoñecemento. Ademais, falamos dun mago con espectáculos de rúa, gran formato para teatros e todoterreos como o seus clásicos ʻTolemaxiasʼ.

Ver fotos
Dous personaxes rodeados de mesas no espectáculo Tavole. Circo e acrobacias

Zirko Txosko

Tavole

Dous personaxes. Un montón de mesas. Que pode saír mal?

O que parece un día calquera convértese nunha aventura disparatada. As mesas rebélanse e a acrobacia, os aéreos, a maxia e o humor entran en xogo. Un espectáculo próximo e participativo no que as cousas máis cotiás poden acabar do revés.

Quen participa?

Zirko Txosko é unha compañía de circo e humor formada por os artistas Ariñe Azkue e Óscar Páez. Combinan técnicas circenses (malabares, acrobacias aéreas, dúo acrobático ou portes, equilibrios e slapstick) con un humor sinxelo, sutil e con toques de conciencia social.

Ver fotos
Un número de humor con participación do público. Unha gala de variedades

Culturactiva

Gala de Circo

Mirade arriba. A sorpresa tamén está no aire.

Acrobacias, aéreos, malabares, equilibrios e pallasos reúnense nunha gala creada para a carpa do Camiño. Un encontro de disciplinas e artistas para pasar do abraio á gargallada, e da gargallada ao aplauso.

Quen participa?

Conducida por Fifo, coa participación de Frick Company, Sue Moreno, Javi Javichy, Noel, Forzu2 e Jano Sen Medidas.

Ver fotos
A banda cos seus instrumentos nunha imaxe promocional. Música para compartir

Troula

Uxía Lambona e a Banda Molona

Pés inquedos, voces preparadas!

Nenas e nenos, nais e pais, avoas e avós... a festa é para compartir! Despois de percorrer prazas, rúas e teatros, Uxía Lambona e a Banda Molona chegan á carpa cargadiños de cancións para cantar, bailar e rir xuntas.

Quen participa?

Uxía Lambona e a Banda Molona é un popular grupo musical infantil de Galicia que adapta clásicos da música tradicional galega con un toque moderno, dinámico e divertido

Ver fotos
Un intre de maxia en GaleRock & Magic. Rock galego e maxia

Mago Teto

GaleRock & Magic

Hai cancións que fan maxia. E maxia que soa a rock.

Unha viaxe pola música galega, desde o rock dos anos oitenta e noventa e o universo do Xabarín Club ata os grupos actuais, pasando polo bravú. Música en directo, humor e ilusión para quen lembra aquelas cancións e para quen as descobre por primeira vez.

Quen participa?

O Mago Teto é un dos magos máis veteranos e relevantes a pesar da súa xuventude. Habitual na televisión desde os seus comezos, goza de gran popularidade e recoñecemento. Ademais, falamos dun mago con espectáculos de rúa, gran formato para teatros e todoterreos.

Ver fotos
Dous chefs de Máis Saaabor! cociñan entre chamas nun escenario. Maxia, humor e gastronomía

Culturactiva

Máis Saaabor!

Un menú cheo de ritmo, sorpresas e sabores dos cinco continentes.

Un espectáculo para toda a familia que mestura música en directo, maxia, humor e gastronomía. Dous divertidos chefs preparan un menú cheo de ritmo, sorpresas e sabores dos cinco continentes, coa participación do público e unha receita irresistible de diversión.

Quen participa?

¡Máis Saaabor! é un espectáculo cómico, musical e familiar creado e producido pola compañía galega Culturactiva S. Coop. Galega xunto ao artista Félix Rodríguez.

Ver fotos

PASARRÚAS DE TROULA

A festa tamén
sae á rúa.

Personaxes sorprendentes, cor e animación para atopar o circo a cada paso. Os pasarrúas de Troula levan a ilusión polas rúas de cada localidade.

Descubrir as propostas de rúa

Dous pasarrúas en cada localidade, con propostas que irán rotando: O Mundo do Circo, Circo Krasnovarak e O Estraño Caso do Dentista da Rúa Brasov.

Ver fotos
Pasarrúas con zancos e público nas rúas dunha vila.

O CAMIÑO ATA A CARPA

Onde nos atopamos?

Consulta os mapas das localidades. O recinto exacto confirmarase proximamente.

PARA PREPARAR A VISITA

Antes de vir.

Canto custa o abono?

O abono custa 10 € por persoa e localidade. Consulta as condicións de compra na plataforma de venda.

O mesmo abono serve para as catro localidades?

Non. Cada abono corresponde á localidade que escollas: Verín, Lalín, A Estrada ou Santiago de Compostela.

Onde se mercan os abonos?

A compra faise na plataforma de venda, a través do enlace de cada localidade cando estea dispoñible. Alí atoparás as condicións de compra e acceso.

É para todas as idades? Os asentos están numerados?

Si, é unha experiencia para todos os públicos. Os asentos están numerados.

Os menores de 24 meses precisan entrada?

Non. Os menores de 24 meses non precisan entrada, sempre que non ocupen butaca.

Pódese acceder con carros de bebé?

Os carros de bebé non poden acceder á sala, pero haberá un pequeno espazo habilitado para aparcalos no vestíbulo de entrada.

A SEGUINTE GARGALLADA PODE SER A VOSA.

Vémonos
baixo a carpa.

Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela.
Abonos de 10 € por persoa e localidade.

Escoller localidade
Abonos 10 € por persoa e localidade Escoller localidade →